HomeComarca de QuirogaQuirogaQuiroga prepárase para a VII edición dos Cantos de Taberna

Quiroga prepárase para a VII edición dos Cantos de Taberna

Será o vindeiro 9 de marzo e comeza agora o proceso de inscrición de grupos participantes. Cada formación recibirá 150 € para gastar nos establecementos que formen parte do roteiro festeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A VII edición dos Cantos de Taberna será o vindeiro sábado 9 de marzo, abrindo o Concello de Quiroga o prazo para participar o pasado 14 de febreiro. Os grupos tradicionais interesados xa se poden anotar gratuitamente na casa da Cultura ou chamando ao teléfono 982 435125 antes do 4 de marzo.

Dende a organización explican que a idea é contar cun mínimo de seis grupos musicais e un máximo de doce, e que cada formación conte cun mínimo de cinco integrantes. Unha das novidades que se puxo en marcha o pasado ano e que se mantén este é que se entregarán 150 € a cada grupo participante para que gaste nos establecementos aos que acuda na xornada festeira. Así mesmo os establecementos participantes comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

A organización xa se puxo en contacto cos establecementos hostaleiros da vila para participar, obtendo unha resposta afirmativa da práctica totalidade dos existentes na vila de Quiroga.

ORGANIZACIÓN DA XORNADA

O comezo ou xuntanza de grupos será ás 17:30 h. na Casa da Cultura para despois, ás 18:00 h., comezar cada un co itinerario que lles facilite a organización. O remate está programado ás 00:00 h. na Praza Rúa Lago, lugar onde se espera facer unha foliada final.

O evento desenvolverase percorrendo os locais hosteleiros participantes, seguindo os grupos as indicacións destes para a súa ubicación, e a duración da súa intervención será de 30 minutos en cada un deles. O repertorio de cada formación é libre, iso si, respectando sempre a música popular e tradicional.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...