HomeComarca de QuirogaQuirogaVal de Quiroga de Tapas comeza o 18 de marzo en Quiroga...

Val de Quiroga de Tapas comeza o 18 de marzo en Quiroga e Ribas de Sil

Este luns, 18 de marzo, comeza o concurso de tapas de Quiroga que este ano pasa a chamarse Val de Quiroga de Tapas, coa incorporación de novos establecementos do concello veciño de Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concurso de tapas, ademais de cambiar de nome dando entrada a Ribas de Sil, presenta novidades no prezo, que será de 2€, incrementándose en 50 céntimos con respecto a edicións anteriores. Dende a concellaría de Xuventude, organizadora do evento, xustifícase este incremento que pedían os establecementos participantes en que terán máis marxe para presentar ao concurso tapas de máis calidade.

O concurso desenvolverase entre o luns 18 e o martes 26 de marzo. Nesta edición son dez os establecementos participantes, sete de Quiroga e tres de San Clodio. A tapa que cada establecemento presenta a concurso deberá estar a disposición do público consumidor entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30. Os propios consumidores serán quen decidan coa súa votación cal é a tapa gañadora. Para elo terán que cubrir un tapacartón co selo de todos os establecementos que concursan e que se poñerá cada vez que o cliente deguste a tapa concursante e unha vez totalmente cuberto votarán á que ao seu xuízo merece ser a gañadora do concurso.

O establecemento gañador recibirá unha placa conmemorativa e 100 € en metálico. Pero ademais os participantes que completen a degustación das tapas e voten á tapa que máis lles gustou entrarán nun sorteo no que poden gañar diferentes premios.

O sorteo dos premios e a tapa gañadora saberase á semana seguinte á Semana Santa, cando se abran as urnas e se faga o reconto de votos, dun concurso que nesta edición busca máis participación e movemento entre os dous concellos.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...