Homesociedade27 de xuño de Portas Abertas no servizo de atención temperá de...

27 de xuño de Portas Abertas no servizo de atención temperá de Quiroga

O vindeiro 27 de xuño terá lugar unha Xornada de Portas Abertas nas instalacións do Servizo de Atención Temperá de Quiroga, na Ribeira, en xornada de tarde, entre as 17:00 e as 20:00 h. Un servizo, con sede en Quiroga, pero que está integrado pola seguinte agrupación de concellos: Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao, Pantón, A Pobra do Brollón e Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Servizo de Atención Temperá tiveron a iniciativa de reunir a todos/as os nenos e nenas usuarios do servizo e ás súas familias, para gozar dunha xornada de convivencia no centro de Quiroga, no barrio da Ribeira

Coa organización desta xornada queren agradecer a confianza depositada polas familias na Dirección e no Equipo Técnico que traballa no servizo, ofrecéndolles un tempo para compartir as súas inquedanzas e dúbidas, ademais de pasar unha tarde de lecer compartido.

O programa  da xornada comezará ás cinco da tarde coa recepción de nenas e nenos, coas súas familias. Dende as 18:00e ata as 19:00 h poderán desfrutar dunha merenda e a partir das 19:00 terá lugar a actuación de maxia e globoflexia para os nenos/as de 3 a 6 anos. Os máis pequenos, de 0 a 3 anos, poderán realizar actividades co persoal do servizo.

O servizo de Atención Temperá comezou a dar servizo en setembro do 2020, co nome de Servizo de Atención Temperá da comarca de Quiroga, atendendo aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do neurodesenvolvemento -ou en risco de padecelos- e ás súas familias.

Nunha primeira fase limitouse aos Concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel. Ata entón, o equipo estaba conformado por un psicólogo, unha fisioterapeuta e un logopeda. A partir do 5 de febreiro de 2021, establécese un novo convenio cos concellos de Sober, O Saviñao e Bóveda, polo cal quedan incluídos no novo Servizo. Nun segundo convenio de colaboración, asinado o 15 de outubro dese ano, anéxanse tamén A Pobra do Brollón e Pantón. Dado o aumento da poboación diana, engádense ao equipo unha segunda psicóloga, unha segunda logopeda, e unha terapeuta ocupacional. Dende o 5 de xullo de 2023, o Director do SAT é o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes.

Este SAT é o único de Galicia que non conta actualmente con lista de agarda, todas as derivacións están sendo atendidas, en ocasións non por todos os profesionais precisos, pero si polo menos por un.

ÚLTIMAS

A Asoc. Rechouchíos de Taboada creará un fondo de traxe tradicional galego

O Presidente da Deputación da Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio...

Do 5 ao 10 de agosto Monforte celebra a XXIV edición de Artelemos

O Concello de Monforte vén de presentar o cartel anunciador e o programa da...

O BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val de Lemos

O BNG buscará o acordo do pleno provincial para reclamar á Confederación Hidrográfica, ao...

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...