HomeComarca de QuirogaQuiroga7 apicultores na XXXIII Mostra do Mel de Quiroga

7 apicultores na XXXIII Mostra do Mel de Quiroga

Será este 10 de agosto coincidindo coa Feira máis relevante do Concello de Quiroga e no medio das súas Festas Patronais. Falamos cunha das apicultoras que produce mel en Montefurado e Fisteus.

Publicado o

- Advertisement -

A Mostra de Mel de Quiroga cumpre este ano 33 edicións e faino coa presenza de 7 apicultores/as, feito que indica que a cousa non vai a menos.

Este 2024 terán posto os seguintes produtores de mel: Manuel Macía González, das Estradas; Mª Carmen Macía Fernández, de Quiroga; Ángel Gómez Martínez, de Paradapiñol, Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais; Pedro Soto Losada, do Ivedo; Caurelor, de Quiroga; e Iván Losada Machado, de San Xulián de Abaixo.

Mel de Quiroga. Mostra do Mel 2023. Foto: XMF.

Falamos coa apicultora María Carmen Macía.

Dende cando fas mel?

É unha tradición familiar. Comezou meu pai, Manuel Macía, que foi un dos que estiveron na primeira Mostra de Mel de Quiroga. E dende hai 7 ou 8 anos xa me estou facendo cargo eu coa axuda do meu home, Javier Mondelo.

Onde tedes as colmeas?

Temos dous asentamentos en Montefurado e un en Fisteus. En total unhas 9 colmeas.

De que flores se alimentan as abellas?

O noso mel e multifloral. As de Montefurado aliméntanse basicamente de brezo, árbores froitais, silvas… E as de Fisteus tamén de brezo, silvas e ademais castiñeiro.

Un produto final sen aditivos, entendo?

Este mel non leva nada, ningún aditivo. E ás abellas, ao acabar de castrar fáiselle o tratamento da barroa, o único que se lles dá, autorizado e que non afecta ao produto final.

Que produción tedes, logo?

A nosa produción é pequena. Facemos para abastecer a moita clientela recorrente de cada ano e para levar a algunha mostra como a de Quiroga que sempre está no calendario. Este ano, ademais, estivemos na Festa da Cereixa de San Clodio onde levamos tamén produtos derivados do mel como xabóns, candeas…

Canto mel levades mañá á Mostra de Quiroga?

Pensamos levar uns 60-70 quilos. Non saquei todo o mel porque non estaba todo operculado e despois de festas mirarei se xa se pode sacar o que falta.

Que significa “operculado”?

É como un sellado de cera que lle poñen as abellas ao panel. Se non está operculado non se pode sacar porque pode ter humidade e pódese estragar.

Como valoras a produción deste ano?

Este ano a colleita que estou vendo é boa. Eu menos que o ano pasado non teño.

Como levades a ameaza da velutina?

Polo de agora está atacando menos. Aínda pode vir, pero de momento salvamos…

Como notas o mel deste ano?

Doce en xeral e non tan escuro como outros anos.

Valoración da Mostra do Mel de Quiroga destes anos e algunha suxestión para mellorala?

Non se me ocorre nada… unha cata quizais… Ao durar só unha mañá igual non hai marxe para moito máis.

Manuel Rodríguez Fernández, apicultor de Centeais. Foto: XMF.

ÚLTIMAS

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...