HomeComarca de QuirogaQuirogaCoñecendo a recollida das olivas e o proceso de elaboración do aceite...

Coñecendo a recollida das olivas e o proceso de elaboración do aceite de Quiroga

Enoturismo de Galicia organiza para esta fin de semana unha actividade turístico-divulgativa para coñecer de preto as oliveiras da Comarca de Quiroga, o proceso de recollida das olivas e o proceso de elaboración do aceite nalgún muíño da zona.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A actividade, baixo o título de “Gustaríache ser olivareiro por un día na Ribeira Sacra?”, está organizada por Enoturismo de Galicia e vense facendo dende o 2014 segundo nos conta a súa xerente, Amparo Montenegro.

Segundo nos explica Amparo, está tendo moi boa aceptación e “a xente que adoita vir é maioritariamente de Galicia, aínda que tamén veñen doutras comunidades como Castela-León, Asturias, Madrid… dependendo de como cadren as datas de organización cando se recollen as olivas”.

A actividade faise en Quiroga e consiste nunha viaxe interactiva para coñecer de onde vén o aceite e como se coidan as oliveiras. Primeiro de todo é dar un paseo polas olivareiras explicando as características das árbores, a continuación coñécese e partícípase tamén no vareo, no xeito antigo e como se varea agora de forma mecánica. E despois vaise á almazara onde se coñece o proceso de elaboración, véndoa en pleno funcionamento dende o esmagado da oliva ata a súa decantación. Finalizarase cunha cata de aceite.

Vareado mecanizado das oliveiras / XdL

A actividade continúa coñecendo un muiño antigo, nas Farrapas de Bendilló, para saber como se facía o aceite antigamente. Neste lugar é onde se fai a demostración que cada ano forma parte da Mostra do Aceite de Quiroga. E para rematar, o grupo de participantes da actividade coñecerán Armaior, unha empresa que elabora utensilios de cociña e de decoración a partir de madeira de oliveira. Visitarase o obradoiro e unha tenda que teñen na Toca, a carón do casco urbano de Quiroga.

Muíño das Farrapas en Bendilló / XdL
Pablo Rodríguez de Artesanía Armaior / XdL

A actividade está programada para os días 2 e 3 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 h. Se alguén está interesado hai que contactar no correo info@enoturismogalicia.es ou no teléfono 676 101 649.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...