HomeComarca de QuirogaQuirogaFesta da 'Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque' en Quiroga

Festa da ‘Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque’ en Quiroga

O comercio asociado da Comarca de Quiroga celebra a súa festa anual o vindeiro 24 de maio con diferentes actividades dende as 18:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado día 24 de maio a Asociación de Empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel celebrará a sua festa anual na vila de Quiroga, concretamente na Praza España.

Na que será a súa 3ª edición, as actividades comezarán ás 18:00 horas co tradicional campionato de Chave, xogo no que poderán participar pequenos e grandes con premios para os mellores de cada modalidade.

Máis tarde, cara ás 21:00 horas, haberá pancetada de balde para todos os asistentes e dende as 22:30 h. música a cargo de artistas locais. Primeiro actuará o solista Julio Ferrín e a continuación o DJ Adri Díaz, quen pinchará das 23:30 ás 2:00 h. da madrugada.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...