HomesociedadePregoeiros de cine na Feira do Viño de Quiroga

Pregoeiros de cine na Feira do Viño de Quiroga

Os actores Edu Soto e Iván Massagué serán os pregoeiros da XLIV Feira do Viño de Quiroga que terá lugar do 3 ao 5 de abril. A lectura do pregón será o sábado, 4 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Edu Soto, é un actor, humorista e cantante español que traballou con con Andreu Buenafuente con personaxes tan coñecidos como El Neng de Castefa; posiblemente o seu personaxe máis coñecido coa súa famosa frase «¡Qué pasa, neng!».

Como actor participou en máis dunha ducia de películas, a maioría comedias, nas que interpretaba personaxes como Mortadelo en “Mortadelo y Filemón. Misión: salvar la Tierra”; Curro en “Perdiendo el este”; ou Rodrigo Rodríguez en “Los Rodríguez y el más allá”. Edu Soto combinou a súa carreira no cine cunha extensa traxectoria no teatro, na televisión, na radio e en programas de humor, participando como colaborador, concursante, invitado e incluso presentador.

Pola súa banda, Iván Massagué é un actor que traballa en cine, teatro e televisión. A súa carreira gañou proxección internacional nos últimos anos, especialmente tras o éxito mundial de “El Hoyo”, na que encarna o papel protagonista (Goreng). Ademais de participar en 24 películas tamén ten unha ampla traxectoria en series de televisión, participando nunha trintena e sendo recordado por personaxes icónicos en “El Barco, “Siete vidas” ou “La familia Mata”.

Os dous coñecidos actores serán os que se encarguen do pregón desta XLIV Feira do Viño de Quiroga, o sábado día 4 de abril.

Iván Massagué

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...