HomesociedadeO Quimedo 2026 anuncia a apertura de inscricións

O Quimedo 2026 anuncia a apertura de inscricións

A Festa do Terror de Quiroga será o día 24 de outubro e este venres 4 de setembro comezan as inscricións. As 100 primeiras entradas que se sacan á venda serán a 10 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Prepárate para entrar nun mundo onde o medo, a adrenalina e a diversión mestúranse nunha experiencia que non esquecerás”, así reza en redes sociais un dos chamamentos que fan dende a organización para crear expectación de cara ao Quimedo 7, un dos eventos de terror que se celebra no Samaín con máis seguimento e prestixio de Galicia.

Cun límite de prazas que se fixa en 1.500 participantes, este 4 de setembro sairon á venda 100 entradas a 10 euros, unha ocasión para non desaproveitar pois canto máis se achega a data do evento o prezo vai subindo. Aqueles que as merquen despois, ata ao 30 de setembro, pagarán 14 € de entrada, e os que o fagan do 1 ao 16 de outubro, 17 €. A partir desta última data, e se quedaran entradas ata completar o aforo devandito, xa se collerían na billeteira.

Para as inscricións hai que descargar o formulario dende a páxina web do Concello de Quiroga ou dende a do Quimedo.

En vindeiras datas poderanse coñecer a través das redes sociais e da prensa as Casas do Terror e máis detalles desta edición nunha ruta que promete moitos sustos, sorpresas e personaxes terroríficos.

O Quimedo está organizado pola asociación QuiRoma e conta coa colaboración do Concello de Quiroga.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...