HomesociedadeFalece o condutor dun camión tras caer ao río o seu vehículo...

Falece o condutor dun camión tras caer ao río o seu vehículo en Ribas de Sil

O corpo tivo que ser excarcerado ao quedar a cabina parcialmente sumerxida.

Publicado o

- Advertisement -

Os Bombeiros de Monforte excarceraron ao condutor dun camión que se saíu da vía e quedou atrapado nunha parte da cabina do vehículo mergullada na auga do Río Sil no municipio lucense de Ribas de Sil. Segundo informou o 112 Galicia, tivo constancia do accidente ás 21,00 horas deste luns cando un particular avisou dunha saída de vía e, posiblemente, da caída ao Río Sil do vehículo.

Por iso, o 112 pasou aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Monforte, ao GES de Quiroga, aos axentes de Tráfico e a efectivos de Protección Civil da localidade, que se desprazaron cunha embarcación ata o punto.

Tamén foi necesaria a intervención dos operarios do servizo de mantemento da vía e informados o persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Chegados ao momento, os membros do GES confirmaron que o camión estaba na beira do río e parte da cabina mergullada na auga. Segundo indicaron a situación era complexa para achegarse ao vehículo debido á maleza dos arredores, sinalou o 112.

Por iso, barallaban, mesmo, a necesidade de ter que cruzar o río para socorrer á vítima. Así mesmo, confirmaron que se trataba dun camión de transporte de madeira. Desta maneira, pasadas as 00,00 horas, os Bombeiros de Monforte comunicaron que, tras localizar ao condutor, excarcerárono do interior da cabina e trasladaron o seu corpo ata o embarcadoiro do mesmo lugar.

Os efectivos do parque de Monforte confirmaron que o camión quedara totalmente cuberto pola auga, excepto unha parte da cabina que foi por onde retiraron o corpo da vítima.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...