HomeComarca de QuirogaRibas de SilÚltimo impulso para rematar as obras do Xeocamping de Ribas de Sil

Último impulso para rematar as obras do Xeocamping de Ribas de Sil

O concello anunciaba estes días os traballos que poñerán fin á construción do camping de San Clodio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras do Plan Hurbe da Xunta de Galicia, para rematar definitivamente as instalacións do Xeocamping de Ribas de Sil, comezaron hai uns días en San Clodio co obxectivo de acometer varios traballos.

Estanse a construír dous viais interiores en zahorra, con bordo de tacos de lousa, aporte de terra vexetal e instalación de regadío automático nas zonas verdes; tamén se traballará na iluminación e sinalización, na área de servizos para autocaravanas; aparcadoiro de vehículos; delimitación de parcelas de acampada; mobiliario urbano; miniparque infantil, etc.

Estas obras supoñen un último investimento de 90.000 euros financiados nun 70% pola Xunta de Galicia e un 30% con cargo a fondos propios do Concello de Ribas de Sil. O prazo para finalizar as obras será de dous meses.

Cando rematen as obras, as instalacións serán legalizadas en Turismo –xa existe informe previo favorable– e posteriormente o concello sacará a concurso a concesión administrativa para a explotación do Xeocamping de Ribas de Sil. Pensando en futuras ampliacións, quedará libre unha explanada de case 2000 metros cadrados.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...