HomeComarca de QuirogaRibas de SilReapertura do antigo Hotel Restaurante 'Las Vegas' en San Clodio

Reapertura do antigo Hotel Restaurante ‘Las Vegas’ en San Clodio

Despois de case dous anos pechado este emblemático establecemento de Ribas de Sil, o sábado17 de decembro abre de novo as súas portas cunha nova xerencia. Para celebralo ofrecerá un concerto ás 23:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O coñecido Hotel Restaurante Las Vegas, un establecemento con historia no Concello de Ribas de Sil, recuperará a actividade da man da emprendedora Elena Losada, coñecida na contorna polo seu servizo de catering e por rexentar o Bar Central ata o pasado mes de setembro.

Comeza para ela un novo capítulo no seu currículo como hostaleira resucitando un negocio mítico que foi restaurante, hotel e sala de festas. Todo un referente na Comarca de Quiroga e comarcas veciñas durante 50 anos que pechou en xaneiro por xubilación das propietarias, dúas irmáns retornadas de Suiza por aqueles anos.

Terraza do Hotel Restaurante Las Vegas. Foto: Turismo de Galicia

Elena Losada faise cargo así dun hotel con 20 habitacións, unha cafetería e un comedor moi amplos e unha terraza espectacular, todo un reto para ela que colle “con moita ilusión” e con satisfacción polas primeiras reservas para hospedarse, “para o Trail de Quiroga xa teño todo reservado”, dinos. Unha boa noticia tamén para o Xeoparque, que ve aumentada así a oferta de hospedaxe.

INAUGURACIÓN

Para celebrar a reapertura do local, agora co nome de Hotel-Restaurante La Estación, este sábado 17 de decembro organizan un concerto ás 23:00 h. e convidan a toda a veciñanza a asistir, ofrecendo ademais a segunda consumición de balde. A actuación, a cargo do dúo acústico de versións ‘Farsantes’.

Farsantes nace como alternativa á banda de versións “En mala hora”. Segundo conta David Quintas, un dos compoñentes, “Axiña nos decatamos da sinerxia que se creou con este dúo e decidimos diferencialo da banda de versións e facer algo máis exclusivo”. Composto por Toño Varela (Guitarra e voz) e David Quintas (guitarra e coros), Farsantes fai un repaso en acústico dos clásicos do pop rock, incluíndo temas de música moderna. No repertorio poderesa atopar desde Mediterraneo de Serrat, Juan Perro ata versións de formacións máis modernas como Morgan, Leiva, Fito e fitipaldis, etc.

ÚLTIMAS

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...

O 1 de decembro abre a inscrición dos Campamentos e Obradoiros de Nadal no Concello de Chantada

O Concello de Chantada vén de anunciar os 'Campamentos e Obradoiros de Nadal', actividades...

O BNG de Monforte sobre as obras na rúa Ourense, “é especialmente grave investir 100.000€ nunha obra innecesario”

Segundo o BNG, este feito, "por si só, demostra a absoluta falta de planificación...

Monforte resolve as axudas para deportistas individuais e a celebración das festas dos barrios e parroquias

No caso das subvencións para a celebración de festas de barrios e parroquias, o...