HomeComarca de QuirogaRibas de SilProgramación por todo o alto en 'Las Vegas' para despedir o verán

Programación por todo o alto en ‘Las Vegas’ para despedir o verán

Este Hotel-Restaurante de San Clodio, en Ribas de Sil, presenta un cartel de actuacións espectacular para a segunda quincena de setembro. Este venres 15 abren a veda os Gin Toni's e o sábado 16 chega dende Pontevedra 'La Mosca Valiente'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O establecemento Las Vegas de San Clodio, no Concello de Ribas de Sil, foi un punto de encontro da comarca este verán grazas ao atractivo da súa terraza, un espazo coñecido de sempre como ‘A Pista’. Unha terraza que acolleu ademais unha chea de eventos e cun cartel de actuacións en directo que encheu as fins de semana de grandes concertos.

Pois ben, para poñer a guinda nesta proximidade do fin do verán, a xerencia do local presenta unha segunda quincena de setembro moi completa con varios concertos e unha actuación de maxia. O concerto que abre este cartel será Gin Toni’s o venres 15 de setembro. Este coñecido grupo estaba programado para unha sesión vermú de agosto, mais tivo que cancelarse… para quitar esa espiña chegan con moitas ganas a San Clodio este venres 15 ás 23:30 h.

Gin Toni’s é unha banda divertida, apaixonada e elegante que cada noite consegue unha incrible conexión co público dos seus concertos. Nas súas actuacións viaxan polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, desde os 80 ata a actualidade: Seguridad Social, Rebeldes, Revolver, El Último de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total … Cun directo fresco, un repertorio a esgalla de cancións coñecidas e unha elegante posta en escena, transpórtannos ás décadas douradas da música Española.

CONCERTO SÁBADO 16 DE SETEMBRO

Nesta data chega de Pontevedra o dúo La Mosca Valiente, unha formación que leva ao límite o formato acústico. Dous grandes músicos, Marcos e Rodrigo, chegan por primeira vez a San Clodio para facer vibrar ao público e sorprender coa súa proposta enriba do escenario. Estamos a falar de dous curtidos músicos de notable e longa traxectoria que confesan, en relación ás máscaras de pressing catch coas que se presentan, “preferimos manternos no anonimato para non dotar de identidade ao noso show”.

Cun repertorio ecléctico, e no que abranguen cancións de onte, hoxe e sempre, La Mosca Valiente promete festa rachada. Aseguran non ser capaces de etiquetarse: “Chamámolo ‘wrestling music’ porque nun concerto podemos chegar a tocar temas de 8 ou 9 estilos diferentes”. O concerto comezará ás 23:30 h.

La Mosca Valiente. Foto cedida.

RESTO DE PROGRAMACIÓN

De cara ás seguintes actuacións en directo lembrar a presenza de Rafa Aguiar coa súa Disco Móvil amenizando sesións de baile todos os domingos a partires das 19:00 h., o Mago Deimi con actuación e maxia de preto polas mesas o sábado 23, e xa o 30 o dúo de versións Bi-Versión.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel celebra a ‘Festa da Castaña’

A "Festa da Castaña" de Folgoso do Courel está considerada como Festa de Interese...

A Ribeira Sacra ao 83% de ocupación na Ponte de Todos os Santos

Os aloxamentos da Ribeira Sacra agardan unha ocupación dun 83% para a Ponte de...

O Concello de Chantada amplía o Arquivo Municipal acondicionando o edificio da cámara agraria

Deste modo auméntanse espazos para o arquivo do que dispón o Concello nos baixos...

Monforte decreta 3 días de loito oficial en solidariedade coas familias de falecidos e desaparecidos por mor da DANA

Os danos que ocasionou a DANA en diferentes comunidades autónomas, pero como moita máis...