HomesociedadeAndaina guiada de Torbeo á Cubela organizada polos 'Lactouros'

Andaina guiada de Torbeo á Cubela organizada polos ‘Lactouros’

A Xunta de Micoloxía "Lactouros", en colaboración con "Coureleando", organiza unha andaina guiada en Torbeo que levará aos camiñantes a coñecer a contorna da Cubela, en Ribas de Sil. Segundo contan dende a organización aínda quedan prazas para anotarse.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A xunta de Micoloxía “Lactouros”, en colaboración con “Coureleando”, convida a participar nunha andaina guiada este domingo, 13 de outubro, que percorrerá un traxecto de 10 quilómetros desde a aldea de Torbeo ata A Cubela.

O roteiro presenta unha dificultade media-baixa, ideal para gozar da contorna natural da zona e da espectacularidade do meandro da Cubela. O percorrido escollido pola organización desta andaina réstalle 5 quilómetros á ruta circular que une Castro de Abaixo, Torbeo, A Cubela e Castro de Abaixo, evitando a subida inicial da ruta. Segundo nos indica o guía, Iván Álvarez Merayo (Coureleando): “son dez quilómetros de baixada e así medio chao, moi chula toda metida polo medio do canón do río do Sil e imos aprender un pouco sobre xeoloxía e arqueoloxía”.

Sendeiro da Ruta da Cubela, pola beira do Sil. Foto: XMF.

Ademais, como explican dende a organización, “ao finalizar a camiñada, os participantes poderán gozar dun xantar no Restaurante Luis de Rairos, que contará cun menú típico composto por anguías e troitas do Lor, con opción vexetariana dispoñible”. O prezo da actividade é de 30 € para socios/as e de 35 € para non socios/as. O custo inclúe o transporte en autobús ata Torbeo e despois a recollida para ir ao Restaurante e de volta a Monforte. E tamén a comida, o acompañamento dun guía e o seguro da actividade.

A saída está programada para o domingo 13 de outubro as 9:00 horas desde “As Casitas” da Compañía de Monforte de Lemos. Recoméndase ás e aos asistentes levar roupa e calzado axeitados, ademais de auga e algo para picar durante o percorrido.

Para inscribirse, cómpre contactar a través do teléfono 671 473 982, preferiblemente mediante WhatsApp.

ÚLTIMAS

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...