HomeComarca de QuirogaRibas de SilGran protagonismo das xuntanzas gastronómicas nas Festas de San Clodio 2024

Gran protagonismo das xuntanzas gastronómicas nas Festas de San Clodio 2024

A capitalidade do Concello de Ribas de Sil celebra as súas festas patronais os días 30 e 31 de outubro, e o 2 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 30 de outubro ás 12:00 h. terá lugar a misa na honra do patrón, San Clodio, e ás 13:00 h. procederase á inauguración da remodelación do Pavillón Polideportivo Municipal, das obras de accesibilidade á Fonte da Prata e das melloras nas instalacións deportivas do parque das bicicletas.

Rematado o acto protocolario anterior, ás 13:30 h. terá lugar un Xantar Popular a base de empanada, polbo e bica; e ás 20:00 h. farase un Magosto. Os dous encontros gastronómicos realizaranse no propio pavillón polideportivo municipal. Como remate a esta primeira xornada festiva, actuación do Dúo Estrellas a partir das 20:30 h.

O 31 dedícaselle á XXIV Festa da Terceira Idade. Ás 13:15 h. terá lugar unha misa dedicada aos maiores e ás 14:00 h. o Concello de Ribas de Sil agasallaraos cunha paparotada no pavillón.

Xa pola tarde-noite, ás 20:00 h. está programada unha Chourizada na Praza do Concello que estará acompañada a partir das 21:00 h. do Dúo Explosión e xa sobre a media noite coa música do DJ Adri Díaz.

Na última xornada de festas, o 2 de novembro, haberá unhas degustacións de balde con elaboracións realizadas con produtos do mar na Praza do Concello e en horario de 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h. Trátase dunha iniciativa da Xunta e Galicia, “Galicia Sabe a Mar”, para fomentar o consumo de peixe.

Ás 19:00 h. haberá teatro no Salón de Actos do Concello. A peza: “As mentiras teñen os pés pequenos”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...