HomeComarca de QuirogaRibas de SilXornada de Portas Abertas do 'Xeocamping Montañas do Courel'

Xornada de Portas Abertas do ‘Xeocamping Montañas do Courel’

O recinto turístico, situado na entrada de San Clodio, abriu as súas portas á veciñanza e serviu para dar a coñecer a instalación que comezará a dar servizo nas vindeiras semanas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado 7 de xuño en San Clodio xunto ao Alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, e outras autoridades como o alcalde de Quiroga e a xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na xornada de portas abertas do Xeocamping Montañas do Courel. O aloxamento turístico estará en servizo nas vindeiras semanas.

O evento, organizado polo Concello, serviu para dar a coñecer as novas instalacións á veciñanza e comprobar que o recinto está xa preparado para acoller aos primeiros turistas e visitantes que pasen por Ribas de Sil. A construcción do Xeocamping contou cunha achega económica de preto de 150.000 € da institución provincial a través do Plan Deputación.

Veciñanza visitando o Xeocamping. Foto: Deputación de Lugo.

Nese sentido, Pilar García Porto destacou que esta infraestrutura, na que a Deputación colaborou tanto na instalación dos bungalós como nas distintas melloras e ampliacións que se foron desenvolvendo, “é un exemplo claro de como pequenos proxectos, ben pensados e ben enraizados no territorio, poden ter un gran impacto dinamizador”. Subliñou tamén que este novo xeocamping “non só ofrece servizos de calidade ás persoas que nos visitan, senón que contribúe a crear actividade económica, fixar poboación e proxectar unha imaxe moderna, amable e sostible da nosa provincia”.

A Deputada sinalou que este servizo encaixa perfectamente co modelo de desenvolvemento turístico no que traballa desde hai anos a Deputación, “un turismo sostible, non masificado, de experiencias auténticas, vividas sen presas, e que pon en valor o noso territorio, a nosa paisaxe, o noso patrimonio e, por riba de todo, a nosa xente”.

Esta xornada de portas abertas estaba incluída na Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil, que chega á súa XXI edición e en lugar esta fin de semana na Praia Fluial de San Clodio. Este domingo continúa a programación e ás 13:30 h. terá como pregoeiro ao Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca.

XEOCAMPING MONTAÑAS DO COUREL

O Xeocamping de Ribas de Sil conta con edificio de recepción, edificio de usos múltiples, edificio de servizos con oito duchas e outros tantos baños, zona de lavandería, barbacoas e un total de oito bungalós, dous deles adaptados para persoas con discapacidade.

Tamén dispón de 14 parcelas de acampada e un almacén para apeiros, unha pequena piscina e case 2.000 metros cadrados libres para posibles ampliacións no futuro. A capacidade de aloxamento estará cerca das 100 prazas.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...