HomeMovementos sociaisO comercio asociado de Sarria colabora coa Cruz Vermella

O comercio asociado de Sarria colabora coa Cruz Vermella

O venres, 14 de xuño, tivo lugar a presentación da campaña de colaboración de ACES-CCU Sarria coa delegación da organización humanitaria nesta vila.

Publicado o

- Advertisement -

A Cruz Vermella de Sarria vén de solicitar por terceiro ano a colaboración e a implicación do comercio da vila co labor humanitario que leva a cabo.

Unha ducia de comercios asociados súmanse a unha iniciativa desta organización que consistirá en ser puntos de venda dos boletos solidarios do “Sorteo de Oro“. Identificados cun cartel, os devanditos establecementos colaboran na campaña que se desenvolverá co slogan “hacer que las cosas cambien, NO ES CUESTIÓN DE SUERTE” e ofrecerán aos clientes a posibilidade de participar no devandito sorteo.

Os comercios participantes son: B the travel Brand, Bicarelo, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Cris Abad, Electronova, Hotel Alfonso IX, Mercería Sarillo, Moncho Moda,  Senayo, Ultreia e o propio ACES.

A presentación da campaña correu a cargo de Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios CCU de Sarria, e o seu homólogo, Jaime Capellá, Presidente da Cruz Vermella de Sarria.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...