HomeSucesosCatro feridos, un deles grave, nun accidente de tráfico no Páramo

Catro feridos, un deles grave, nun accidente de tráfico no Páramo

O choque entre os vehículos produciuse na nacional que une A Pobra de San Xiao e O Páramo

Publicado o

- Advertisement -

Ó redor das 16:00 horas deste sábado, 9 de xuño, catro persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, nun accidente frontal entre dous coche no concello do Páramo.

Segundo fontes consultadas, un dos vehículos, onde ía o condutor que resultou ferido grave, invadiu o carril contrario e bateu de fronte contra o segundo dos coches no cal viaxaban tres persoas, dos cales un deles era un neno de dez anos.

O ocupante do primeiro vehículo tivo que ser trasladado en helicóptero hasta o HULA polo estado das súas feridas. Os outros 3 implicados no sinistro tamén foron evacuados ó centro hospitalario pero non requiriron asistencia aérea.

 

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por Quiroga

Durante a visita, Olimpia López destacou que esta actuación forma parte do “esforzo inversor...

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...