HomeSucesosUnha intensa treboada asolaga Sarria

Unha intensa treboada asolaga Sarria

No corredor Lugo-Monforte ó seu paso por esta cidade tamén se viviron momentos de nerviosismo por mor da forza coa que caía a auga. Os condutores víronse obrigados a reducir a velocidade e houbo momentos de pánico.

Publicado o

- Advertisement -

Á última hora da tarde do domingo 15 de xullo, unha intensa treboada anegou as rúas de Sarria.

Dende que comezou o fenómeno meteorolóxico a intensa choiva, acompañada de gran cantidade de raios  e tronos, converteu a vila nunha balsa de auga. Rúas anegadas que dificultaron a circulación do tráfico en moitos puntos, tapadeiras de rexistros que se levantaron pola presión da auga e canles improvisadas polas beirarrúas fixeron que o día de lecer se convertese nun pesadelo para moitos. Todo isto provocou que moitos garaxes de vivendas quedaron anegados.

Mentres tanto, no Corredor Lugo-Monforte ó seu paso por Sarria tamén se viviron momentos de nerviosismo e perigo. Debido á forza coa que caeu a auga os condutores víronse obrigados a reducir a gran medida a súa velocidade. Durante un bo rato, os automóbiles da vía non puideron sobrepasar a velocidade de 50 quilómetros hora mentres rodaban por un asfalto incapaz de absorber toda a auga que estaba a caer nese momento. A auga caeu con tanta intensidade que a visibilidade era practicamente nula nalgúns tramos.

Dende AEMET (axencia estatal de meteoroloxía) destacan que as tormentas van continuar na comunidade. Para o domingo estaba activado o nivel de alerta amarelo pola previsión de treboadas acompañadas de auga e granizo.

 

ÚLTIMAS

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...