HomeCulturaOs bretóns saborean os produtos típicos de Sarria

Os bretóns saborean os produtos típicos de Sarria

A Asociación Cultural Irmandade Sarria-Guerlèdan, nacida no 1998, ten como obxectivo dinamizar e organizar actividades que manteñen vivo o acordo de irmandade firmado entre estas dúas localidades, con moitas similitudes culturais.

Publicado o

- Advertisement -

A relación entre Sarria e Guerlèdan vén de lonxe. Todo comezou a través dun xornalista de Láncara que, tras coñecer as múltiples similitudes entre ambas localidades, amosou o seu interese absoluto en establecer un intercambio cidadá e así promover a irmandade. Disto hai 20 anos e todos os anos impares os franceses viaxan a Sarria, e á inversa nos anos pares.

Desta iniciativa naceu a Asociación Cultural Irmandade Sarria-Guerlèdan que ten como obxectivo dinamizar e organizar actividades que manteñen vivo o acordo de irmandade firmado entre as comarcas no ano 1998. Na actualidade, esta asociación conta cun total de 500 socios. A súa irmandade ten como piares fundamentais os colexios, institutos e liceos, o seguimento do quefacer cultural, o estudo das linguas, o desprazamentos dos máis novos a ambas localidades para realizar, in situ, o estudo dos respectivos idiomas.

No 2018 a Asociación sufriu un forte revés. A directiva encargada presentou a súa dimisión.  A alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, manifestou a súa disconformidade coa actuación da directiva saínte, a cal presentou o seu rexeitamente á continuidade a escasos 2 meses de celebrarse os actos deste ano. Pero iste trance non impediu que 23 veciños de Sarria xunto coa alcaldesa, se trasladaran ata Guerlèdan para renovar a carta de irmandade entre as 2 localidades con motivo do 20 Aniversario.

Para tal aniversario, os alcaldes Pilar López e Hervé Le Lu firmaron unha carta na Bretaña francesa incluída na programación dos actos deste ano. A sinatura, nos xardíns do Concello de Guerlèdan, contou coa asistencia de representantes das asociacións encargadas do evento. Durante a cerimonia o concello de Sarria fíxolle entrega ó alcalde francés de produtos de porco celta e queixo de empresas locais, así como a reproducción en madeira da Torre Batallón elaborada polo artesano local José Luís Arias López.

Sinatura da Irmandade/ P.L.

 

 

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...