HomesociedadeProxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

O BNG de Quiroga organiza actividades para a veciñanza de cara a sensibilizar e visibilizar sobre a violencia de xénero creando tamén un espazo onde promover á reflexión. Nesta ocasión programan para este sábado, 23 de novembro, a proxección da curtametraxe "La violencia invisible” cun coloquio ao remate da mesma. Será no salón de actos da Casa da Cultura de Quiroga ás 20:00 h

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”, dende o BNG de Quiroga lembran unha vez máis que “a violencia machista é a primeira causa de morte prematura entre as mulleres e ten que ser unha cuestión política de primeira orde”, e nese senso esixen “unha maior responsabilidade para combatelo dende as políticas públicas, ás que compre dotar de máis recursos para garantir a seguridade das mulleres e máis educación en igualdade”.

A actividade deste sábado terá unha duración aproximada de 70-80 minutos e comezarase coa proxección da curtametraxe La Violencia Invisible producido pola Asociación Páginas Violetas.

Na curta participan, nunha sesión de carácter experimental, seis mulleres que superaron situacións de violencia psicolóxica coa finalidade de poñer de manifesto esta realidade pouco coñecida e difícil de detectar en ocasións. Paralelamente, especialistas analizan como esta violencia é unha parte oculta do inmenso iceberg que supón a violencia de xénero, propoñendo alternativas para a súa erradicación.

Ao finalizar o visionado, levarase a cabo un coloquio-debate sobre a mensaxe que transmite o documental visibilizando en común os diferentes tipos de violencias que sofren as nenas e mulleres, as estructuras de poder e desigualdade que perpetuan a situación, a normalización de conductas que son violencia de xénero e as deteccións ou sinais de alerta para recoñecer dita violencia. Encargarase de dinamizar e moderar o coloquio Paula Santos, educadora social e terapeuta familiar en Gabinete Socioeducativo

ÚLTIMAS

Confirman a condena por violación a unha coidadora en Monforte

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Citan de novo a declarar á denunciante da investigación contra José Tomé

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte e ex presidente da Deputación...

Inaugurado o novo aparcadoiro do P.I. do Reboredo

A construción deste novo aparcamento supuxo un investimento total de 305.250,57 euros, financiado exclusivamente...

Programación Cultural de Verán en Ribas de Sil e chegan novos concertos o día 12 a San Clodio

A programación cultural do Concello de Ribas de Sil para este verán recolle propostas...