InicioMedio ambiente e PatrimonioA Xunta construirá en Sarria e Chantada dúas plantas de transferencia de...

A Xunta construirá en Sarria e Chantada dúas plantas de transferencia de biorresiduos

O Goberno galego destinará 52 millóns de euros para o seu novo plan de biorresiduos en Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta destinará 52 millóns de euros a impulsar e mellorar a xestión de biorresiduos coa extensión de colectores marróns e a dispoñibilidade de plantas de tratamento e, así, apoiar a municipios no cumprimento dos obxectivos marcados pola Unión Europea (UE) neste ámbito de cara a 2022.

Tras o Consello da Xunta celebrado este xoves, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, detallou que este investimento permitirá que 280 concellos dispoñan dunha planta de biorresiduos ou transferencia a menos de 50 quilómetros.

O presidente autonómico apuntou que a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) presta servizo a 295 municipios, polo que nas 15 localidades que non se enmarcan neste radio de 50 quilómetros apostarase pola compostaxe individual e comunitaria. A excepción será Ribeira (A Coruña), onde o Concello traballa para dispor da súa propia planta de transferencia, que permite transvasar a materia orgánica e transportala a instalacións de biorresiduos.

En concreto, Feijóo indicou que o Executivo autonómico impulsará a posta en marcha de tres novas plantas de biorresiduos en Vilanova de Arousa (Pontevedra), Cervo (Lugo) e Verín (Ourense), cuxos proxectos construtivos lembrou que se atopan en proceso de adxudicación, en 2022.

Mediante as novas plantas explicou que se dará servizo a 700.000 habitantes de 85 municipios e procesaranse 46.200 toneladas anuais de residuos orgánicos. Tamén sinalou que Cerceda conta cunha planta en funcionamento en Cerceda, a base central de Sogama.

Paralelamente, destinaranse 5 millóns de euros á construción dunha planta de transferencia en Cee (A Coruña) e á transformación neste tipo de instalacións das microplantas de Curtis (A Coruña), Ponteceso (A Coruña), A Cañiza (Pontevedra), Riotorto (Lugo) e A Lama (Pontevedra).

Ademais, investiranse 2 millóns de euros na adaptación das plantas de transferencia de Chantada (Lugo), Sarria (Lugo), Vigo, Silleda (Pontevedra), A Rúa (Ourense), Narón (A Coruña) e O Porriño (Pontevedra) que xa se atopan en funcionamento.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...