HomeSucesosFerida unha menor tras ser golpeada por un coche nun paso de...

Ferida unha menor tras ser golpeada por un coche nun paso de peóns en Sarria

A nena sufriu diversas lesións nunha man e unha perna.

Publicado o

- Advertisement -

Unha menor resultou ferida ao ser golpeada por un coche na mañá deste venres cando se atopaba nun paso de peóns no termo municipal de Sarria.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 8,30 horas deste venres unha menor sufriu diversas lesións nunha man e unha perna ao ser golpeada por un turismo nun paso de peóns na rúa Diego Pazos, en Sarria.

A persoa que contactou co 112 Galicia para pedir asistencia sanitaria para a menor foi a mesma que conducía o coche con cuxo retrovisor alcanzou á nena.

Tras o aviso, os xestores do centro de emerxencias pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e tamén á Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...