HomeSucesosDous feridos nun accidente entre dous coches en Sarria

Dous feridos nun accidente entre dous coches en Sarria

Publicado o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente entre dous coches rexistrado rexistrado no mediodía deste mércores na estrada LU-633, no municipio lugués de Sarria. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o condutor dun dos vehículos sinistrados tivo que ser evacuado en helicóptero a un centro hospitalario, mentres que a muller que manexaba o outro turismo foi trasladada en ambulancia.

O sinistro produciuse ao redor das 13,30 horas deste mércores á altura da parroquia de Ortoá, ata onde se desprazaron, ademais de efectivos de Urxencias Sanitarias 061, profesionais dos bombeiros de Sarria, Garda Civil e Policía Local.

Doutra banda, unha muller resultou ferida ao recibir o impacto dun parafuso que se desprendeu dun camión e que acabou impactando contra a lúa dianteira do seu coche. O incidente tivo lugar ás 17,00 horas na VG-4.2 ao seu paso pola parroquia de Vilariño, no municipio pontevedrés de Cambados. A condutora tivo que ser evacuada en ambulancia ao hospital do Salnés.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...