HomeTerra de LemossanidadeAtopan xunto ao río o corpo sen vida dun home que desapareceu...

Atopan xunto ao río o corpo sen vida dun home que desapareceu o sábado en Sarria

Publicado o

- Advertisement -

O corpo sen vida dun home de algo máis de 70 anos de idade, que desaparecera o sábado, foi atopado a última hora da tarde do domingo nunha zona de difícil acceso xunto a un río en Sarria.

En concreto, segundo informa o 112 Galicia, o cadáver apareceu no lugar de Arxevide, en Cesar. Ao parecer, o home caeu por un desnivel e acabou á beira do río. Por este motivo, a Garda Civil, que se fixo cargo do operativo de procura, solicitou a colaboración dos bombeiros para rescatar o corpo e trasladalo a un punto accesible para os servizos de emerxencias.

Así, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos bombeiros de Sarria, que se encargaron das tarefas de rescate.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...