HomeSucesosUn morto tras caer co seu vehículo por un noiro en Sarria

Un morto tras caer co seu vehículo por un noiro en Sarria

O suceso produciuse arredor das 03.30 horas deste mércores e foi un particular quen deu a voz de alarma e detallou que un coche con dous ocupantes se saíra da vía no punto quilométrico 19 da LU-546.

Publicado o

- Advertisement -

Unha persoa perdeu a vida tras sufrir unha saída de vía e caer por un terraplén co seu vehículo no concello de Sarria Segundo a información do 112 Galicia. Na comunicación ao 112 indicouse que un dos implicados puido saír do vehículo, mentres que o outro se atopaba inconsciente.

A central de emerxencias solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil de Tráfico. Unha vez no punto, os bombeiros empregaron material de excarceración para liberar o implicado, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida. A outra persoa que viaxaba no vehículo foi atendida polo persoal sanitario.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...