HomesociedadeAnimalistas denuncian "ameazas" dos cazadores e remiten gravacións como proba

Animalistas denuncian “ameazas” dos cazadores e remiten gravacións como proba

A asociación Libera enviará ao Consello Superior de Deportes (CSD) vídeos nos que se oe un cazador pronunciando frases como: "non me graves, que comes a escopeta". Aseguran ter filmado tamén "cazadores a menos de 100 metros de vivendas habitadas"

Publicado o

- Advertisement -

A asociación animalista Libera denunciará ante o Consello Superior de Deportes (CSD) as “ameazas” que supostamente recibiron por parte de cazadores participantes na batida de raposo celebrada o pasado fin de semana en Triacastela e Lugo. Os animalistas remitirán gravacións como proba e, ademais, sinalarán “incumprimentos” da lei de caza.

Nun vídeo gravado por estes animalistas pódese escoitar a un dos cazadores dicirlles aos activistas: “Non me graves, que comes a escopeta”. A asociación Libera razoa que se estes “pseudocampionatos” son considerados “actividade deportiva” algo ao que se opoñen—, “deben estar sometidos a toda unha xurisdición sectorial, tamén sobre prevención de actitudes violentas“.

Así mesmo, Libera asegura que recompilou información sobre supostas irregularidades como “cazadores a menos de 100 metros de vivendas habitadas” ou cans que “cruzaban unha estrada sen control algún”. Todas estas gravacións serán trasladadas ao CSD, aseguran.

Neste sentido, os animalistas recriminan que a Xunta “non se puxera as pilas para endurecer normativamente a actividade, nin sequera para cumprir o establecido na actual lei”. Lembran que en Galicia faleceron “dezaseis persoas como consecuencia da caza” durante a última década.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...