HomeComarca de SarriaO alcalde de Láncara enviará ao ministro Garzón un chuletón de tenreira...

O alcalde de Láncara enviará ao ministro Garzón un chuletón de tenreira galega: “Producimos carne de calidade e en extensivo”

O socialista Darío Piñeiro responde así as declaracións sobre reducir o consumo de carne.

Publicado o

- Advertisement -

O ministro de Consumo, Alberto Garzón, recibirá esta semana un chuletón de tenreira que lle remitirá o alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro, tras as polémicas declaracións sobre reducir o consumo de carne.

Ademais, o rexedor acusa ao tamén dirixente de Esquerda Unida de “non distinguir” as explotacións intensivas das extensivas, que son maioritarias en Galicia.

O rexedor argumenta que no seu concello hai “unhas 400 explotacións” e que “a maioría” delas son de carne. “Aquí producimos carne de calidade e en extensivo”, presume.

Deste xeito, Piñeiro enviará esta semana desde Láncara un chuletón para que o ministro “poida ver que a carne de Galicia é unha carne de calidade e que se pode comer tranquilamente”.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...