HomeSucesosUn veciño de Láncara enfronta case 11.000 euros de multa por non...

Un veciño de Láncara enfronta case 11.000 euros de multa por non presentarse nunha mesa electoral

Tal e como se lle informou, o home debía acudir ás 8,00 horas do día 26 de maio de 2019 con motivo da celebración das eleccións municipais e ao Parlamento Europeo previstas para ese día.

Publicado o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro venres, día 18, a un home acusado de non presentarse á mesa electoral na que fora designado como suplente de vogal, en Láncara, uns feitos polos que enfronta unha multa de 10.800 euros.

Segundo recolle o escrito fiscal, o día 28 de abril de 2019 notificóuselle persoalmente ao acusado que fora designado pola Xunta Electoral de Zona de Lugo como primeiro suplente do segundo vocal dunha mesa electoral en Láncara.

Tal e como se lle informou, o home debía acudir ás 8,00 horas do día 26 de maio de 2019 con motivo da celebración das eleccións municipais e ao Parlamento Europeo previstas para ese día.

Con todo, “a pesar de ser coñecedor de tal designación e das obrigacións inherentes á mesma”, o acusado “non acudiu o día sinalado á constitución da mesa electoral que lle foi asignada, sen que conste causa justificativa de tal ausencia”, apunta Fiscalía.

O Ministerio Público considera estes feitos constitutivos dun delito de incumprimento en Mesa Electoral, polo que pide para el a pena de 18 meses de multa a razón de 20 euros ao día.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...