HomeSucesosFalece un home nun accidente en Láncara

Falece un home nun accidente en Láncara

O accidente ocorría ás 4.30 desta madrugada, cando o falecido que conducía unha furgoneta colisionou cun camión.

Publicado o

- Advertisement -

Ás 4.30 da madrugada deste luns 17, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía  a chamada dun particular que informaba dun choque entre un camión do leite e unha furgoneta. Mentres, o 061 alertaba dun accidente no lugar de Armea de Abaixo, no punto quilométrico 5.5 da LU-622, cunha persoa inconsciente e atrapada no interior do vehículo. O mesmo condutor do camión –implicado- indicaba aos xestores de emerxencias que a furgoneta se saltou un stop e chocou contra o camión.

Ata o lugar desprazáronse os axentes de tráfico e os Bombeiros de Sarria, que confirmaron a excarceración da vítima do interior do vehículo tras envorcar contra un balado e chocar contra o camión.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...