HomePolíticaUltimato á Xunta para que restableza o transporte Lugo-Láncara

Ultimato á Xunta para que restableza o transporte Lugo-Láncara

O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, anuncia que se nunha semana a Xunta non restablece a liña de transporte Lugo-Láncara, se convocará un pleno extraordinario para propor denunciar a situación ante a Fiscalía.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo Piñeiro López, o delegado da Xunta anunciaba a pasada semana que se restituría a liña de transporte das 14:35 horas que une Lugo e a Pobra de San Xiao. Se embargo o rexedor de Láncara asegura que as condicións seguen sendo perigosas para os viaxeiros, porque ao non haber prazas suficientes, moitos nenos viaxan no corredor e no chan do autobús. Para Darío Piñeiro, nesta situación, o Goberno do PP está participando dunha ilegalidade e poñendo en perigo a vida dos alumnos e do resto de pasaxeiros.

Anteriormente unían Lugo Láncara dúas liñas de transporte, unha ás 14:30 e outra ás 15:30 horas, pero eliminouse a primeira e agora o espazo dun único autobús non é suficiente para atender a demanda e ademais os alumnos teñen que esperar máis tempo desde que saen dos institutos.

Socialistas e veciños teñen solicitado en reiteradas ocasións recuperar esta liña de bus. Entre outra iniciativas, celebrouse un pleno ordinario coa recollida de 400 firmas de veciños, pero non houbo máis resposta por parte da Xunta, a no ser a dada a pasada semana e aínda non cumplida, como apuntao alcalde de Láncara.

ÚLTIMAS

Feira do Viño de Pantón, unha cita para promocionar o municipio e os seus caldos

Na primeira xornada tamén visitaron o recinto feiral a directora xeral da Axencia Galega...

30.000 euros para o fomento da lectura nas bibliotecas de Lugo

Na Zona Sur foron beneficiarios de axudas para contratación de actividades a través do...

Comeza o reforzo do muro que permitirá reabrir a LU-P-1801 entre Os Peares e Chantada

A Deputación de Lugo está xa a reforzar o muro de sostemento que permitirá...

Quiroga celebra en maio o “Mes das Nosas Letras”

Tras o certame de narración e debuxo que está en marcha ata o día...