HomePolíticaRestablecida a liña de autobús para estudantes Láncara - Lugo

Restablecida a liña de autobús para estudantes Láncara – Lugo

A Xunta de Galicia restableceu o servizo das 14.35 que une Láncara con Lugo e que viñan solicitando desde o concello e a propia veciñanza.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta  semana do 22 de outubro restableceuse o servizo de bus entre Láncara  e a capital da provincia, segundo puideron comprobar o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro e o Tenente de Alcalde, Pablo Rivera Capón. Desde o concello agradecen que a Xunta teña recapacitado na súa decisión de eliminar este servizo e lembran que “non ían consentir que se xogara coa vida de ningunha persoa despois de coñecerse que os rapaces viaxaban de pé ou sentados nos corredores do autobús por non ter prazas dispoñibles”.

Anteriormente existían dúas liñas de transporte dende Lugo á Pobra de San Xiao, unha que saía ás 14:35 e outra ás 15:30 horas, pero antes do inicio do curso escolar a Xunta de Galicia suprimía a primeira, deixando aos rapaces que estudan nos institutos da capital lucense sen autobús. Isto supoñía que tiveran que desprazarse de pé ou sentados nos corredores do coche por non ter asentos ao compartir autocar co resto de viaxeiros.

Socialistas e veciños xa pediran en reiteradas ocasións ao Goberno galego do PP que recuperara a liña de bus. Fixérono nun Pleno ordinario coa recollida de 400 firmas de veciños, por vía telefónica e por correo electrónico pero non obtiveron resposta ata esta semana.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...