HomeComarca de SarriaLáncaraEspectáculo de maxia do 'Mago Deimi' en Láncara

Espectáculo de maxia do ‘Mago Deimi’ en Láncara

Será este venres 19 de maio na Biblioteca Municipal ás 16:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 19 de maio ás 16:00 h. chega á Biblioteca Municipal de Láncara o espectáculo “Mago Deimi: a maxia está nos libros”. A actividade está enmarcada no ciclo “Ler conta moito” que promove a Xunta de Galicia para fomentar a lectura.

Neste espectáculo de maxia os protagonistas son os libros. Números de maxia sorprendentes para interaccionar cos rapaces e que estes entendan a lectura como experiencia máxica , chea de ilusión. Aparición de moedas dentro de libros, libros que se colorean  por arte de maxia, carta debuxada con maxia nun bloc, peixe ilustrado que se converte en real, predición de libros que hai agochados pola Biblioteca, xornal que se rompe e recompón de novo, auga que desaparece dentro dun xornal.

Ao tempo que se entretén transmítese o valor dos libros e anímase á lectura: ler fainos saber, a lectura fai desaparecer a ignorancia, le constantemente e adestrarás a túa mente, lectura e humor fan o mundo mellor.

Nesta sesión de entretemento trátase de interaccionar cos rapaces para que  entendan a lectura como unha experiencia máxica e chea de ilusión na que a variña máxica do humor non pode faltar.

EXPERIENCIA PROFESIONAL DINAMIZANDO A LECTURA

O Mago Deimi foise formando dende pequeno e collendo moita práctica cos seus espectáculos por toda España. Leva anos actuando con espectáculos didácticos en festas, eventos, escolas…  Ten unha gran empatía e capacidade para captar a atención dos pequen@s. Nas actuacións en escolas busca sempre dinamizar e incentivarlles a curiosidade polo coñecemento e a lectura a través dos xogos e da palabra.

Participa no ciclo “Ler conta moito” dende o 2018.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...