HomesociedadeVólvense a disparar os casos na residencia do Incio

Vólvense a disparar os casos na residencia do Incio

A residencia do Incio pasa de 64 casos de coronavirus a 113 segundo os datos facilitados este mércores polas Consellerías de Política Social e Sanidade. A pesar da situación "extrema" na residencia non pensan no "peche" e anuncian que seguirán atendendo aos maiores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 23 deste mes, os datos das consellerías de Sanidade e Política Social respecto do centro residencial da Fundación San Rosendo no Inicio eran de 64 infectados, 56 usuarios e 8 empregados. Ata este martes, 25 de agosto, os casos activos mantíñanse estables, pero as informacións deste mércores volven a disparar os casos neste centro residencial.

Segundo os datos actualizados este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade, contabilízanse agora 87 usuarios con coronavirus, 31 máis ca onte e 18 traballadores máis para contar cun toral de 26 traballadores infectados. Así a residencia do Incio suma agora 113 casos activos de Covid19.

Na residencia do Incio, que o dia 20 de agosto era intervida pola Xunta, lévase producido 3 falecementos desde a aparición deste rebrote.

A pesar da situación “extrema” que deixan os novos datos, fontes da residencia apuntaron que non pensan no “peche” e que seguirán atendendo aos maiores. Nesta residencia trabállase con dous equipos de profesionais, uns que atenden aos positivos e o resto que se dedica ao non contaxiados, que son 30, da contorna a 120 residentes.

Ademais desde que se detectou o primeiro positivo por COVID-19, contratouse a 14 novos traballadores, “moitos deles voluntarios de Ourense e Lugo”, destacaron as mesmas fontes, que puntualizaron que os maiores confinados non “están graves”, á vez que se pon de manifesto que no centro están “a seguirse os protocolos”.

O do Incio é na actualidade uno dos municipios máis afectados polo COVID-19 onde ata o alcalde, Héctor Corujo, atópase “confinado”, segundo apuntaron fontes do Concello.

Nas residencias da zona sur seguen tamén como casos activos 1 traballador da DomusVi de Monforte e 1 traballador da residencias de maiores de Paradela.

Os infectados con coronavirus COVID-19 en residencias de Galicia aumentaron en 50 e sitúanse en 137, aos datos do sur da provincia de Lugo hai que engadir outro empregado na residencia Os Terzos en Touro (A Coruña); 11 na residencia Orpea de Culleredo (A Coruña) e un na Residencia DomusVi Lalín (Pontevedra). En canto a traballadores, dous na Residencia DomusVi de Lalín; catro na Orpea Coruña en Culleredo; e un en cada unha das seguintes residencias de maiores San Bartolomeu de Xove; DomusVi de Barra de Miño, no municipio ourensán de Coles; Volta do Castro en Santiago e Residencia Vos Terzos en Touro. A eles súmase un traballador na Residencia de discapacidades As Flores en Ourense.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...