HomeCulturaFestival Terra Brava, o 25 de agosto no Incio

Festival Terra Brava, o 25 de agosto no Incio

Un día completo de música e lecer que se pechará cos concertos a partires das 21.00 de Faíscas da Pontraga, Böj, Ruxe Ruxe e Os Vacalouras. 

Publicado o

- Advertisement -

O Festival Terra Brava do Incio cumpre 16 anos e prepara unha morea de propostas na carballeira preto da capitalidade municipal, en dirección a Ferrería. A sesión vermut correrá a cargo da Balkan Paradise Orchestra, posteriormente celebrarase xantar popular e na sobremesa haberá música brava a cargo das Vikingas e xogos para nenos e maiores, ademais dunha nova actuación de Balkan Paradise Orchestra.

Para participar do xantar é preciso mercar as entradas na libraría O Garabato no Incio ou reservar nos teléfonos 669914526 ou 670441713.

O Festival organízao a Asociación Cultural Terra Brava e forma parte da programación cultural do concello coa que colabora a Deputación cun investimento de 20.000 euros. Desde a organización e as administracións colaboradoras animaban a veciños e visitantes a participar do festival nun enclave único e a gozar do patrimonio, a gastronomía e as paisaxes do Incio.

O plato forte do festival será cos concertos da noite, a partires das 21.00 h. actuarán as formacións galegas Faíscas da Pontraga, Böj, Ruxe Ruxe e Os Vacalouras. 

 

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...