HomeCulturaXornada adicada ao trobador, Martín de Padrozelos

Xornada adicada ao trobador, Martín de Padrozelos

Este sábado 29 de setembro celébrase no Incio e Samos unha xornada adicada a Martín de Padrocelos, trobador da lírica galego-portuguesa, que segundo indican algunhas investigacións, era de Praducelo, da parroquia de San Xoán de Lóuzara (Samos), con fortes vinculacións co mosteiro samoense e con Santa María do Val do Mao e San Salvador do Mao,  dúas parroquias do concello do Incio.

Publicado o

- Advertisement -

A xornada comezará en Samos ás 10.45 da mañá deste sábado 29 de setembro, cun acto no que intervirán Xulio Pardo de Neyra, autor do libro Martin de Padrozelos, o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa?, e Dulce Fernández Graña, autora da tese de licenciatura As cantigas de Martin Padrozelos. Edición crítica, e da tese de doutoramento Edición crítica e estudo dos textos anónimos da lírica profana medieval galego-portuguesa.

Posteriormente, ás 12.30 horas, visitarase aIgrexa de Santa María do Val do Mao no Incio e ás 13.00 visitarase a igrexa de San Salvador do Mao, tamén no Incio. Ás 14.00 celebrarase un xantar en Airapadrón. Xa pola tarde a xornada comezará ás 16.00 con visita á casa de Martín de Praducelo de Lóuzara e ás 18.00 visitarase Santalla de Lóuzara, lugar onde naceu e viviu o poeta Fiz Vergara Vilariño; para rematar ás 20.00 novamente en Samos.

ÚLTIMAS

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...