HomeMedio ambiente e PatrimonioAldea Sostible de Covo, no Incio, 16 vivendas pasivas coa permacultura como...

Aldea Sostible de Covo, no Incio, 16 vivendas pasivas coa permacultura como filosofía

O proxecto de 'Aldea Sostible de Covo' inclúe a construción de 16 vivendas sostibles, así como a rehabilitación dalgunha casa da mesma aldea que destinarán tanto á venda, como ao aluguer con fins turísticos. Esta semana fíxose a presentación do proxecto por parte dos promotores, un deles o veciño de Eirexalba, Danny Ray Portilla.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Aldea de Covo está situada en Eirexalba, unha zona rural do Concello do Incio, Lugo. O proxecto de aldea sostible cobre máis 20 mil metros cadrados e inclúe 16 vivendas pasivas que optimizarán os recursos existentes para reducir ao mínimo o consumo de enerxía. Cada vivenda terá o seu propio horto permacultura. A permacultura é a filosofía de traballar coa natureza, en lugar de na súa contra; así poderase contar cun horto ecolóxico cuxo esforzo de mantemento sexa moito menor do normal.

A casa pasiva e a permacultura, unha combinación perfecta

Os cinco principios básicos das casas pasivas son: Excelente illamento térmico, xanelas e portas de altas prestacións, ausencia de pontes térmicas, ventilación mecánica con recuperación de calor e estanqueidad ao aire. Os edificios Pasivos están deseñados para aforrar un 75% nas necesidades de calefacción e refrixeración.

Aldea Sostible do Covo / concello do Incio

A permacultura busca integrar a paisaxe coas persoas, na súa concepción máis xeral, é o deseño e mantemento consciente de sistemas produtivos agrícolas que imitan a diversidade, a estabilidade e a resiliencia dos ecosistemas naturais:

  • Covo posúe unha contorna rebosante de natureza.
  • Preparan a túa horta vinculada á túa vivenda.
  • Permanente labor titorial e de acompañamento no cultivo da horta.
  • O cultivo harmónico da terra ofrecerá os seus froitos.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...