HomeCulturaO Incio acolle a música e cultura dub na primeira edición do...

O Incio acolle a música e cultura dub na primeira edición do festival Tremeterra

Botará a andar na xornada do venres 2 de setembro, día no que a escena feminina do dub será a absoluta protagonista.

Publicado o

- Advertisement -

O municipio do Incio acollerá este fin de semana a primeira edición do festival Tremeterra, que terá a cultura dub e ‘soundsystem’ como protagonista durante dous días de música, debates e talleres ás beiras do encoro de Vilasouto.

A cita, totalmente gratuíta e que contará con espazo de acampada, é o primeiro festival do norte da península dedicado en exclusiva á cultura ‘soundsystem’. Botará a andar na xornada do venres 2 de setembro, día no que a escena feminina do dub será a absoluta protagonista.

Lioness Mathilda, Minas Collective, Yare Colectiva e Helen Noise, acompañadas de Moon Mermaid ao micrófono, serán as encargadas de pór a música no equipo dos composteláns Dub Mono HiFi, colectivo organizador dun festival que nace coa vocación de ensanchar o movemento ‘soundsystem’ a nivel galego e levalo a espazos pouco habituais para a escena, como as poboacións rurais.

A segunda e última xornada terá un marcado carácter internacional ao contar como pratos fortes ao produtor e ‘emcee’ francés Itist, á suíza Esaia e ao tamén galo Ishiban. O acento galego poñerano O Tobo, SkankFu HiFi e os anfitrións Dub Mono, encargados de abrir e pechar a pista de baile do sábado.

Ademais de música, Tremeterra ofrece unha serie de actividades paralelas, como talleres sobre composición de dub en directo e debates acerca da escena soundsystem en Galicia ou a situación das artistas femininas no panorama musical.

Esta mesa, na que participarán as artistas da primeira noite do festival, será gravada para a súa emisión no podcast O Tobo, dedicado á música reggae.

ÚLTIMAS

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...

O prestixioso xornalista Andrew Neather visitará a D.O. Ribeira Sacra

Andrew Neather foi crítico de viños do Evening Standard de Londres entre 2005 e...

O PP de Quiroga esixe solucións ás deficiencias no servizo de telefonía móbil e conexión a internet

Dende o Partido Popular lembran que tralos devastadores incendios do pasado verán non só...