HomeDeportesA 1ª etapa da Volta Ciclista a Galicia chega ao Incio o...

A 1ª etapa da Volta Ciclista a Galicia chega ao Incio o 23 de febreiro

A Volta Ciclista a Galicia foi unha carreira por etapas que se disputou polo territorio galego desde o 1933 (ano da súa primeira edición) e que se foi sucedendo durante os anos (aínda que non de maneira continuada) ata o 2000, sendo a partir de 2002 relegada a categoría amador.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio será unha das etapas puntuables do Premio de Montaña da proba deportiva denominada ‘A Volta Ciclista a Galicia, o Gran Camiño’. Os corredores pasarán pola localidade o vindeiro 23 de febreiro. O alcalde do Incio, Héctor Corujo, destaca a importancia de formar parte “dun evento destas características que permitirá que o noso Concello chegue a miles de fogares grazas á súa retransmisión a máis de 180 países”.

Con esta proba deportiva búscase revitalizar esta carreira, cunha imaxe e unha posta en escena actualizadas e acorde aos tempos que corren, para retomala da maneira máis vangardista posible. Trátase dun evento internacional na modalidade de volta ciclista por etapas, disputándose en catro días, ao estilo doutros eventos similares do territorio nacional.

A carreira está dentro do calendario internacional da Unión Ciclista Internacional como proba ME 2.1. Será retransmitido en directo todos os días durante dúas horas a través de Eurosport, Teledeporte e TVG cunha repercusión que o ano pasado na primeira edición chegou a máis de 180 países.

Cada unha das etapas, terá a súa sede en cada unha das provincias galegas. Partindo o día 23 da provincia de Lugo e finalizando o día 26 na provincia da Coruña. Disputándose a segunda etapa o día 24 na provincia de Pontevedra e a terceira o día 25 na provincia de Ourense.

Horario de paso polo Incio

1ª ETAPA, xoves día 23 de febreiro de 2023. MURALLA ROMANA DE LUGO – SARRIA. 188,00Km. A proba virá de Bóveda pola LU-643, para entrar no Concello do Incio pola LU-644 arredor das 13.35 horas, para seguir dirección Sarria pola LU-641.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...