HomesociedadeO alcalde do Páramo segue no hospital tras precipitarse ao río en...

O alcalde do Páramo segue no hospital tras precipitarse ao río en Ribas de Miño

Fontes do consistorio asegura que evoluciona favorablemente e agardan que se reincorpore axiña á actividade.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde do municipio do Páramo, o independente José Luís López, evoluciona “ben” ingresado no Hospital Universitario Universitario Lucus Augusti (HULA), tras caer ao río e ser rescatado na zona da Escrita na parroquia de Ribas de Miño. O rexedor precipitouse ao río tras un “tropezón” cando visitaba unhas obras que se realizaban no lugar onde se producía o accidente, segundo apuntaron fontes municipais.

Precisamente estas mesmas fontes confían que “se incorpore pronto” ao Concello, unha vez que reciba o alta no HULA onde permanece ingresado desde que se produciu ese “tropezón” o pasado martes. Co alcalde no hospital, fíxose coas rendas do goberno local o tenente de alcalde, o socialista Pablo Armesto, que goberna en coalición co grupo que lidera José Luís López, Todo polo Páramo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...