HomesociedadeSuspendidas as festas de San Miguel en Paradela, localidade natal do motorista...

Suspendidas as festas de San Miguel en Paradela, localidade natal do motorista falecido en Lugo

O alcalde manifestou que no pobo reina "unha dor profunda".

Publicado o

- Advertisement -

A comisión de festas de Paradela suspendeu as festas de San Miguel, que se ían a celebrar desde o xoves no municipio de Paradela, pola morte de Roberto Rubio, o motorista atropelado en Lugo, xa que era natural desta localidade. O alcalde, José Manuel Mato, deu tamén a súa aprobación a esta suspensión.

Roberto Rubio faleceu na noite do luns ao ser atropelado polo condutor dun vehículo que triplicou a taxa de alcoholemia. O detido pasou a disposición xudicial tras a súa detención e foi posto en liberdade con medidas cautelares e mantense como investigado por homicidio imprudente.

José Manuel Mato manifestou que no pobo reina “unha dor profunda”, polo que “se suspenderon as festas de San Miguel, que son as segundas festas da capitalidade” do concello de Paradela.

“O pobo está a pasalo moi mal. Roberto (Rubio) naceu aquí, criouse aquí, despois foi a Lugo (onde rexentaba unha barbaría), aínda que seguiu moi vinculado a Paradela. Foi gaiteiro nunha asociación cultural, unha persoa moi activa na vida cultural, deportiva e social do concello“, describiu.

O alcalde destacou que “era unha belísima persoa, moi querido e tanto de moza como agora (contaba con 50 anos) estaba moi comprometido”. “Era unha persoa que tiña moi bo humor, moi bo carácter. Non temos recordos da infancia de que tivese ningún tipo de problemas”, subliñou.

José Manuel Mato insistiu en que é unha “desgraza” e que esta “ausencia” se vai notar no concello. “Estamos a recibir moitas condolencias”, agregou.

Así as cousas, Paradela suspendeu as festas, aínda que se mantén a misa por San Miguel pero sen fogos artificiais nin procesión.

ÚLTIMAS

Moito que ver e facer na ‘Primavera de Portas Abertas’ da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Como é habitual haberá Bus do Viño, con 4 saídas o sábado pola mañá desde a...

En maio comeza a renovación da N-540 entre Chantada e Lugo, segundo anunciou a subdelegada do Goberno

A obra abrangue a rehabilitación integral do firme entre os quilómetros 0,000 e 68,900...

Bóveda instala 54 trampas contra a vespa velutina

Neste mes de abril instaláronse 54 trampas ao longo de todo o municipio. Este...

Mesa redonda sobre biogás este 26 de abril en Currelos

A Asociación veciñal de Vilaesteba asegura que no Saviñao queren instalar unha central de...