HomeComarca de SarriaSamosFalece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O suceso aconteceu o luns día 15 de setembro

Publicado o

- Advertisement -

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en Samos faleceu. Segundo confirmou a Garda Civil, este venres celebrarase o enterro no cemiterio da parroquia.

Tal e como trasladou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar en Montán ao redor das 18.30 horas e foron os veciños do ferido quen solicitaron axuda urxente para un home que se atopaba tendido nunha leira tras quedar atrapado baixo unha rozadora.

Así mesmo, avisouse ao Corpo de Bombeiros de Sarria e aos profesionais de Emerxencias Sanitarias Galicia-061, quen enviaron varios equipos, incluído o que viaxaba a bordo do helicóptero con base en Ourense.

Con todo, o traslado ao hospital puido realizarse en ambulancia. Nesta operación tamén colaboraron axentes da Garda Civil.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...