HomePolíticaEfrén Castro candidato á alcaldía de Sarria

Efrén Castro candidato á alcaldía de Sarria

O actual goberno do BNG de Sarria eloxiou ó que será o seu candidato para a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais ó mesmo tempo que outras figuras do partido, salientaron o traballo feito por Efrén Castro nestes últimos catro anos

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo do BNG de Sarria ven de presentar ó que será o  seu candidato á alcaldía nas eleccións municipais 2019, Efrén Castro.

O candidato, que estivo acompañado por militantes e simpatizantes do BNG e da Parlamentaria Olalla Rodil,agradeceu o traballo e o apoio recibido durante todo este mandato por toda a organización e especialmente referiuse a Mónica López “como a mellor compañeira posible nas tarefas de goberno e como integrante da corporación municipal”.

Efrén Castro adiantou na súa presentación que, “imos a por todas xa que o BNG demostrou que somos o único proxecto político serio para Sarria. Aspiramos a multiplicar a representación do BNG para que Sarria poida avanzar no século XXI como outras vilas e cidades nas que xa goberna o BNG” e referencia á evolución de concellos como Pontevedra, Ribadeo, Allariz ou Muras.

O actual Tenente-Alcalde e voceiro do BNG no concello puxo en valor todas as iniciativas postas en marcha polo BNG dende o goberno municipal e fixo fincapé “Sarria merece un goberno de progreso que lle dea estabilidade ó concello e seriedade á política municipal e para iso imos traballar”.

Finalmente, Ollala Rodil salientou o traballo feito dende a Concellería de Igualdade e Cultura pola edil Mónica López que “conseguiu colocar a Sarria no panorama cultural galego e puxo en marcha proxectos en materia de igualdade que xa son exemplo para outras moitas cidades e vilas galegas”.

 

ÚLTIMAS

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...

Ata o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as axudas da Xunta para dinamizar o sector

A Xunta convocou as axudas anuais ás asociacións de comerciantes para dinamizar o comercio...