HomeEconomíaAta o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as...

Ata o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as axudas da Xunta para dinamizar o sector

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, reuníronse este mércores coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria, que en 2025 recibiu unha achega de 20.500 euros no marco desta convocatoria. Tamén se desprazaron á Mercería Sarillo, un dos establecementos asociados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta convocou as axudas anuais ás asociacións de comerciantes para dinamizar o comercio local, dotadas cun orzamento de 2,5 millóns de euros. As entidades da provincia poden solicitar estas axudas ata o 12 de marzo. Están destinadas a financiar campañas promocionais – mínimo seis ao ano – para animar aos consumidores a mercar nas tendas locais-; accións de fidelización da clientela ou actividades formativas, tales como congresos, talleres, networking ou outro tipo de xornadas orientadas a mellorar a cualificación profesional dos socios.

Na anterior convocatoria, a Xunta concedeu un total de 350.000 euros en axudas a sete agrupacións lucenses do sector para dinamizar a actividade comercial nas súas respectivas áreas. Ademais da agrupación sarriá, resultaron beneficiarias ACISA Ribadeo, CCA de Foz, CCU de Monforte de Lemos, Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, a asociación de empresarios de Chantada e o colectivo Sete Pontes de Vilalba.

Os investimentos máximos subvencionables establécense en tres tramos: ata 65.000 euros para CCA con 100 ou máis comercios asociados; ata 55.000 euros para aqueles con entre 70 e 99 negocios; e ata 40.000 euros para os que conten entre 50 e 69 establecementos adheridos.

A intensidade das axudas poderá oscilar entre o 70 % e o 90 % dos gastos. Para fixar as contías valóranse aspectos como o carácter innovador das campañas, a súa capacidade para atraer nova clientela e incentivar o consumo, así como a existencia dun plan de difusión das accións de que leven a cabo.

Comercio Sarria / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...