HomeComarca de SarriaDetido por violencia de xénero o marido da exconcelleira de Sarria que...

Detido por violencia de xénero o marido da exconcelleira de Sarria que estivo un día desaparecida

Foi a propia Ana Arias quen puxo denuncia.

Publicado o

- Advertisement -

O marido da exconcelleira do PSOE de Sarria Ana Arias foi detido esta fin de semana por un suposto delito de violencia de xénero. A muller estivera desaparecida entre o xoves e o venres da semana pasada; agora puxo denuncia contra a súa parella.

Segundo informan fontes oficiais, o apresado pasou a disposición xudicial na xornada deste domingo e o xuíz deixouno en liberdade, aínda que tomou medidas cautelares respecto da súa esposa.

Ana Arias desapareceu o pasado xoves 14 de novembro tras abandonar o seu domicilio. Todas as alarmas saltaron cando a muller non chegou ao seu posto de traballo, situado en Lugo.

Ao día seguinte, venres día 15, foi localizada pola Garda Civil nun hotel de Lugo. Tras o seu achado, a exedila foi trasladada a un centro médico para avaliar o seu estado de saúde.

Axentes da unidade de seguridade cidadá e da agrupación de Tráfico da Garda Civil montaran un dispositivo de procura con apoio aéreo e guías caninos. Ana Arias foi concelleira do PSOE en Sarria entre os anos 2003 e 2011.

Localizada a exconcelleira de Sarria declarada desaparecida

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...