HomeComarca de SarriaLocalizada a exconcelleira de Sarria declarada desaparecida

Localizada a exconcelleira de Sarria declarada desaparecida

Foi localizada nun hotel de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Ana Arias, exconcelleira do PSOE en Sarria, foi localizada logo de permanecer desaparecida desde o pasado xoves. A Garda Civil localizouna este venres nun hotel de Lugo.

Arias –que foi concelleira do PSOE en Sarria entre os anos 2003 e 2011– foi trasladada a un centro médico para avaliar o seu estado de saúde tras esta desaparición.

A pista da desaparecida perdérase tras abandonar o seu domicilio para ir ao seu posto de traballo. No dispositivo de busca participaron axentes da unidade de seguridade cidadá e da agrupación de Tráfico da Garda Civil, con apoio aéreo e guías caninos.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...