HomesociedadeRenfe recúa e manterá a venda presencial de billetes en Sarria a...

Renfe recúa e manterá a venda presencial de billetes en Sarria a través dunha “empresa externa”

A plataforma 'Lugo Non Perdas o Tren' confirma que Renfe tamén se comprometeu a manter a liña Monforte-León.

Publicado o

- Advertisement -

EFE. O voceiro da plataforma cidadá ‘Lugo non perdas o tren‘, José Manuel Carballo, confirmou que as estacións de Sarria, Burela e Viveiro seguirán abertas e con venda de billetes de forma presencial, segundo a información facilitada por directivos de Renfe en Galicia á comisión executiva dese colectivo.

Carballo precisou que os directivos de Renfe confirmaron que as estacións de Sarria, Viveiro e Burela manterán a venda presencial de billetes, para o que está prevista a contratación “dunha empresa externa” que se ocupará de manter ese servizo.

LIÑA MONFORTE-LEÓN

Ademais, Renfe tamén se comprometeu a manter o tráfico ferroviario entre Monforte de Lemos e León, malia que nos últimos meses falábase da supresión de varios servizos.

Podes ler toda a información no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

José Tomé propón unha dedicación exclusiva en Monforte tras dimitir como presidente da Deputación de Lugo

O alcalde de Monforte, José Tomé, levará ao pleno do vindeiro luns, 26 de...

Ribeira Sacra reforza en Fitur a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Durante o acto institucional de presentación da candidatura, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua...

O 14 de febreiro Sober celebra o desfile de Entroido e o Baile da Cachucha

O sábado, día 14, a festa empeza ás 17:00h co desfile de Entroido...