HomeMedio ambiente e PatrimonioRematan 4 anos sen Ponte Ribeira en Sarria

Rematan 4 anos sen Ponte Ribeira en Sarria

Os traballos de acondicionamemto da ponte, consistentes no retranqueo dun piar e a reposición do taboleiro, teñen un orzamento de 450.000 euros e remataranse antes de que finalice o ano.

Publicado o

- Advertisement -

Desde a Deputación Provincial apuntan á anterior dirección da Confederación Miño-Sil como responsable de que a ponte leve 4 anos pechada, cos correspondentes perxuizos aos veciños que teñen que dar un grande rodeo para cruzar á outra marxe do río e para os peregrinos. Por Ponte Ribeira pasa o Camiño Francés e crúzana anualmente uns 200.000 peregrinos, que ven interferida a súa ruta desde hai 4 anos.

Lembra a alcaldesa de Sarria, Pilar López, que hai 3 anos chegárase a un acordo coa Confederación polo que se comprometía a aportar o 60% do importe da obra cando se aprobase e licitase o proxecto, pero nunca se chegou a cumprir. Anuncia a rexedora local que se reunirá co novo Presidente da Confederación para solicitalle a súa axuda e mentres tanto será o concello o que faga unha aportación de 300.000 euros para esta obra e que se axilicen as actuacións o  máis posible.

Neste proceso lembran desde o goberno da Deputación que o Partido Popular votou no Pleno Provincial, en abril do 2016, en contra de dotar orzamentariamente as obras de Ponte Ribeira.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...