HomeComarca de SarriaSarriaExtinguido o incendio que afectou a dúas naves industriais en Sarria

Extinguido o incendio que afectou a dúas naves industriais en Sarria

A Xunta de Galicia activou o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) co fin de permitir a mobilización dos medios e recursos.

Publicado o

- Advertisement -

O incendio que afectou a unha nave de aluminio e parte doutra de madeira en Sarria, e que obrigou a activar o plan territorial de emerxencias, quedou extinguido.

Concretamente, a última hora da noite do mércores desactivouse o Platerga. Ao redor das 22,00 horas o incendio deuse por extinguido, segundo informa o 112.

Os servizos de emerxencia confirmaron que se tratou dun incendio en dúas naves lindeiras, unha dedicada ao aluminio e outra á madeira, pero resultou máis afectada a de aluminio. Nela, ardeu todo o falso teito e un almacén con distintos tipo de materiais, ademais de parte da cuberta. No caso da nave de madeira, o incendio afectou tamén á súa cuberta e a un almacén con materiais.

Con motivo deste incendio industrial, a pasada tarde, a Xunta de Galicia activou o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) co fin de permitir a mobilización dos medios e recursos de ámbito xeográfico local ou supralocal.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos, pasadas as 18,30 horas, cando varias testemuñas informaron deste lume. Así, as persoas indicaban que saía fume, e mesmo chamas, dunha fábrica de madeira afincada no lugar de Callás, en San Fiz de Reimóndez.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia ( CIAE-112) déuselle o aviso aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil. Ademais, como medida preventiva, tamén se alertou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, ante a necesidade de dar apoio nas tarefas de extinción do lume no punto, foron alertados medios forestais, os Bombeiros dos parques de Lugo e de Monforte, así como o GES de Becerreá e de Monterroso.

ÚLTIMAS

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...