HomesociedadeEducación afectivo-sexual nos centros de ensino de Sarria

Educación afectivo-sexual nos centros de ensino de Sarria

Este mes de novembro desenvolveuse un interesante programa educativo baixo o título de ‘Entérate’ no Concello de Sarria, concretamente nos colexios e nos IES da vila.

Publicado o

- Advertisement -

O programa de educación afectivo-sexual ENTÉRATE tivo como obxectivo actuar na promoción da igualdade entre mulleres e homes e na prevención e tratamento integral das violencias de xénero e estivo dirixido á poboación xuvenil. O enfoque que se lle deu á acción que se fixo cos centros educativos de Sarria púxose na publicidade, tendo en conta que unha das súas funcións é a sensibilización social a través de mensaxes que buscan un impacto no público para provocar unha reacción.

A partir desta premisa, as rapazas e os rapaces de Sarria tiveron que deseñar unha campaña publicitaria. Elaboraron produtos publicitarios en diferentes soportes para difundilos despois no concello coa finalidade de facer chegar a toda a poboación en xeral, e á mocidade en particular, unha mensaxe de sensibilización, prevención e identificación das violencias de xénero en xeral e das violencias sexuais en particular.

Os centros de ensino que participaron na acción foron: o CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción, CPR La Merced, IES Xograr Afonso Gómez e IES Gregorio Fernández.

O programa constou de tres obradoiros de 100 minutos de duración cada un, que se iniciaron o pasado día 2 de novembro, e unha última sesión de difusión da cartelería e o  material elaborado polo alumnado, que se realizou o día 24 de novembro coincidindo con esta semana do 25N.

Cartel do programa

“Como o  ano pasado traballamos coas primeiras etapas educativas a través das emocións, este ano,  dirixímonos á xuventude, utilizando a publicidade como medio de intervención”, comenta Geni, concelleira da área de Muller, Igualdade e Integración.

Os organismos promotores do devandito programa de educación afectivo-sexual e de prevención das violencias de xénero foron o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, a Secretaría Xeral da Igualdade –Consellería de Emprego e Igualdade– e o Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...