HomeComarca de SarriaSarriaAdif construirá unha pasarela en Sarria para unir o centro co barrio...

Adif construirá unha pasarela en Sarria para unir o centro co barrio do Mazadoiro

Destina 3,6 millóns a distintas obras no tramo Monforte-Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Adif aprobou a adxudicación por uns 3,6 millóns de euros das obras de tratamento de plataformas e cruces entre plataformas nas estacións de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa, todas elas situadas na provincia de Lugo, no tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña convencional León-A Coruña.

Segundo informou Adif nun comunicado de prensa, o contrato foi adxudicado á UTE formada por Petrolam Infraestruturas e Arias Infraestruturas por un importe total de 3.604.833,06 euros (IVE incluído).

Os traballos forman parte dos proxectos de modernización do tramo Monforte de Lemos-Lugo e, destaca Adif, “permitirán mellorar a seguridade de circulacións e usuarios“. Á súa vez, engade, “servirán para adaptar os elementos obxecto deste contrato ás novas condicións de explotación que traerá consigo a electrificación a 25 kV do tramo Monforte de Lemos-Lugo”.

O proxecto define, explica Adif, “as actuacións necesarias en plataformas, pasos inferiores e outras estruturas das estacións de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa”. “O obxectivo é adecuar as estacións aos requirimentos técnicos e de interoperabilidade da normativa en vigor, en especial no relativo ás cruces de vías entre plataformas, mellorando as condicións de explotación da liña e potenciando a competitividade da rede ferroviaria galega”, concreta.

A actuación na estación de Sarria inclúe, ademais, a execución dunha pasarela peonil sobre vías con dobre función: por unha banda, comunicación entre plataformas e, por outro, permeabilidade entre o núcleo urbano de Sarria e o barrio do Mazadoiro, “contribuíndo por tanto á cohesión social, o desenvolvemento sustentable e a integración da estación na súa contorna urbana”, sostén Adif.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...